Proxecto EVERGLASS (EIC Pathfinder): Reciclaxe do vidro

Investigadores da EE Industrial lideran un proxecto que revolucionará o proceso de reciclaxe do vidro

Permitirá aos usuarios introducir residuos nunha nova máquina e seleccionar que novo produto obter

 pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres, LaserON, da Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada glass laser transformation. Cos profesores Juan Pou e Rafael Comesaña á cabeza, este grupo, que forma parte do Cintecx, lidera EverGLASS, que conta con socios de Eslovaquia, Alemaña e Francia, e con representación española por parte do CSIC. Cunha duración de tres anos e un orzamento de preto de 3 millóns de euros (783.750 euros para a UVigo), o proxecto foi seleccionado na convocatoria EIC Pathfinder Open no marco do Horizon Europe.

Leer a nova completa no DUVI

Video: How Lasers Are Transforming the Future of Glass Recycling