GREENDEAL+A+I. Xornada ”O Pacto Verde Europeo, a economía azul sostible e o obxectivo de neutralidade climática. Oportunidades e desafíos”, mércores, 29 de xuño.

No marco do proxecto europeo Erasmus+ JEAN MONNET Módulo GREENDEAL+A+I, a Universidade de Vigo organizará a xornada “O Pacto Verde Europeo, a economía azul sostible e o obxectivo de neutralidade climática. Oportunidades e desafíos”, o próximo 29 de xuño, de 10:00 a 14:00 horas, no Edificio de Sesións do Porto de Vigo.

O Módulo Jean Monnet “The European Green Deal, Analysis and insights” é un proxecto europeo coordinado por Laura Movilla, profesora de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidade de Vigo e investigadora no grupo MEDEA-luris. Segundo a profesora Movilla, este Módulo “ten por obxectivo dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco do Pacto Verde Europeo e as súas principais estratexias temáticas”. Esta estratexia pretende protexer, conservar e mellorar o capital natural da UE, e protexer a saúde e o benestar da cidadanía dos riscos e dos impactos relacionados co medio ambiente.

As accións do Módulo Jean Monnet deron comezo o pasado venres 1 de abril, cando arrancou na Facultade de Dereito do campus de Ourense a primeira das sesións do curso Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas, que se prolongou ata o 27 de maio.
A seguinte xornada divulgativa será o próximo 29 de xuño, no Edificio de Sesións do Muelle de Trasantlánticos do Porto de Vigo. Tratarase dunha xornada acerca de O Pacto Verde Europeo, a economía azul sostible e o obxectivo de neutralidade climática: oportunidades e desafíos.

A parte teórica do programa dará comezo coa presentación dos proxectos europeos Portos, Greendeal+A+I & Sealaw Chair, a cargo de Carlos Botana (da Autoridade Portuaria de Vigo), da Profesora Laura Movilla (da Universidade de Vigo) e da Doutora Gabriela Oanta (da Universidade da Coruña). A continuación, a propia Doutora Oanta, falará acerca do Pacto Europeo e a acción polo clima en un entorno marítimo; e, para rematar a parte teórica, o Profesor Camilo José Carrillo González (da UVigo) dará o seu relatorio sobre as Enerxías renovables mariñas: unha visión tecnolóxica.

A parte práctica dará comezo coa exposición de Carlos Botana dos Portos e Enerxías Renovales. Continuarase cunha serie de “Actividades azuis e neutralidade climática”: transporte marítimo, pesca, construcción naval e gestión administrativa. Estas actividades estarán a cargo de Agustín Fernández (da compañía UECC), de Javier Touza (da cooperativa ARVI), de Oscar Gómez (da ACLUNAGA) e de Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo (da axencia INEGA).

Para rematar a xornada, terá lugar o debate entre Javier Fraga (de Abanca), Oscar Gómez, Carlos Botana, Javier Touza, Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo e Agustín Fernández. A moderación deste debate estará a cargo da fundación MarInnLeg: Centro de Innovación de Estudos xurídicos marítimos e pesqueiros e apoio para a economía e a sociedade azul.

Programa

Inscricións aquí