Proxecto PROMISEANG (HE): Alternative PROteins from MIcrobial fermentation of non-conventional SEA sources for Next-Generation food, feed and non-food bio-based applications

Xa está en marcha un proxecto de investigación financiado pola Unión Europea con 4,5 millóns de euros, liderado pola Universidade de Vigo, co obxectivo de desenvolver novas fontes de proteínas a partir de diferentes descartes de alimentos mariños, para contribuír a aumentar a dispoñibilidade de proteínas na UE e reducir a dependencia das importacións, estimada nuns 21.000 millóns de euros exclusivamente en peixe, informa a Universidade. A iniciativa está encabezada polo profesor da UVigo Jesús Simal e participan socios de Portugal, Alemaña, Polonia e Hungría. Tamén colaboran o CSIC e varias empresas españolas

Máis información