Risc_Plus ten financiamento do programa POCTEP, iniciativa de cooperación transfronteiriza dentro do Interreg VI España-Portugal, e fondos Feder. O seu principal obxectivo é preparar a conca do Miño-Lima fronte a eventos extremos derivados do cambio climático, mellorando a súa resiliencia a través da prevención, preparación e dixitalización e avanzando cara un plan hidrolóxico único para esta demarcación internacional conforme á directiva Marco da Auga. O proxecto focaliza os seus obxectivos en ampliar e mellorar os resultados do proxecto Risc Miño-Limia.
Proxecto RISC_PLUS (POCTEP): Mellorar o afrontamento de eventos climáticos extremos na conca do Miño-Lima
