Proxecto SERIGO (HE): Social Economy for Resilience: Inclussion in Good Life in Rural Areas

A UVigo participa nun proxecto internacional dirixido a mellorar a inclusión social na Europa rural.

Xerar coñecemento, tanto teórico como práctico, respecto de como a economía social e solidaria pode contribuír á mellora da inclusión social, da calidade de vida e da accesibilidade aos servizos nas zonas rurais. Ese é o obxectivo central do proxecto europeo Serigo (Social Economy for Resilience: Inclussion in Good Life in Rural Areas), no que participa o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. Financiado polo programa comunitario Horizonte Europa con preto de cinco millóns de euros e liderado pola Universidade de Finlandia Oriental, en Serigo participan 17 universidades e entidades de once países, sendo a UVigo a única representante española.

Leer a nova completa no DUVI

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/01/30/uvigo-lidera-proyecto-fortalecer-economia-97508414.html

Linkedin