Proxecto Twinflag (HE): Desenvolvemento de novas terapias para enfermidades inflamatorias articulares

Persoal do CINBIO participa no desenvolvemento de novas terapias para enfermidades inflamatorias articulares

O traballo está liderado en España por María Mayán, investigadora de recente incorporación á UVigo

Na actualidade non existen terapias eficaces para o tratamento de enfermidades dexenerativas que afectan á articulación móbil, como son a artrose ou a artrite reumatoide. Unha das maiores limitacións na procura e proba de novas terapias, especialmente en ensaios clínicos, é a falta de ferramentas para diagnosticar estas enfermidades nos seus estadios iniciais, o que sería crucial para previr o seu avance e fomentar unha contorna rexenerativa que evite a dor e a incapacidade asociadas a este tipo de patoloxías. O desenvolvemento de estratexias innovadoras para identificar biomarcadores que permitan deseñar novas tecnoloxías para o diagnóstico temperán destas enfermidades é o principal obxectivo co que se puxo en marcha Twinflag (Twinning for Promoting Excellence, Ability and Knowledge to develop novel approaches for targeting inflammatory and degenerative age-related joint diseases), unha iniciativa financiada ao 100% pola Unión Europea a través do programa Horizon 4.1  e coordinado cientificamente polo Centro de Medicina Innovadora de Lituania, completando o consorcio a University College de Dublín (Irlanda) e o CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo.

Mais información no DUVI

Prensa 1
Prensa 2

María Mayán