A universidade de Vigo celebrará a segunda edición do Seminario “Dixitalización, servizos públicos e Unión Europea”, un evento académico gratuito organizado e financiado pola cátedra europea Jean Monnet EICAEUD da UVigo.
Detalles do Seminario:
Modalidade: Virtual síncrona a través da plataforma do Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Entrar a sala virtual
Inscrición: A inscripción xa está aberta e farase de maneira sinxela a través de Bubela. Para asegurar a túa praza nesta actividade formativa, invitámosche a realizar a preinscrición seguindo esta ligazón: Inscribete aquí
Destinatarios/as: Estudantes universitarios, empregados públicos e interesados en xeral na materia de dixitalización dos servizos públicos.
Obxectivos: O Seminario ten como principal finalidade afondar na dixitalización das administracións e servizos públicos, que contribúa a reforzar as habilidades e competencias profesionais dos participantes.
Criterios de selección: A adxudicación de prazas realizarase seguindo un criterio de orde de preinscrición en Bubela.
Datas e horario:
Datas: Luns 13, mércores 15 e xoves 16 de novembro de 2023.
Horario: De 16:00 a 18:30 horas.
Contidos do seminario:
- Presentación.
- A dixitalización: política, economía e sociedade.
- Políticas públicas fóra do ámbito dixital.
- Un caso práctico: políticas sociais e dixitalización. A inclusión social na era dixital.
Acreditación: Os participantes que cumpran un mínimo do 80% de asistencia ás sesións e realicen con éxito unha tarefa práctica dirixida recibirán un diploma de participación que acredita 10 horas de formación.
Profesorado: O Seminario será impartido por destacados profesores e expertos na materia da UVigo:
- Prof. Celso Cancela Outeda, Área de Ciencia Política e da Administración UVigo;
- Prof. Mónica López Viso, Área de Ciencia Política e da Administración, UVigo;
- Prof. Bruno González Cacheda, Área de Ciencia Política e da Administración, UVigo
Este Seminario supón unha excelente oportunidade para afondar no impacto da dixitalización nos servizos e políticas públicas da Unión Europea. Animámoste a que te unas a nós e aproveites esta valiosa oportunidade de aprendizaxe.