Os pasados días 28 a 30 de maio dúas técnicas da OPI asistiron por invitación ao seminario que o CDTI organizou no Parador de La Granja (Segovia). A terceira edición do “Seminario para Responsables de Propostas Horizonte Europa: 15×15” dirixido a entidades que demostraron unha participación moi activa en Accións de Investigación e Innovación e Accións de Innovación de Horizonte Europa.
O Seminario 15×15: 15 Claves para propostas de 15 en Horizonte Europa, de enfoque eminentemente práctico, tivo como obxectivo profundizar nas claves que axudan a comprender como se pode mellorar a capacidade de redacción de propostas, facendo especial fincapé nos aspectos críticos para obter unha avaliación excelente. Cos alumnos como protagonistas, repasáronse e traballáronse as claves para escribir propostas de éxito e replicouse un proceso condensado de preparación e avaliación de propostas.
O Seminario estivo aberto á participación de 36 alumnos e unicamente se puido participar por invitación. Estaba pensado para aquelas entidades que demostraron unha traxectoria moi activa nos últimos anos de H2020 e nos primeiros de Horizonte Europa, e que contaban con plans de participación ambiciosos para os seguintes (2024-2027). Foi dirixido especificamente a participantes que tiñan un amplo coñecemento de Horizonte Europa.