Seminario sobre a Investigación no ámbito xurídico na RULE

O seminario impartirase por Ms. Boravin Tann (LL.B. RULE. LL. M University of Lund Sweden) e por Ms. Sophorn Tuy (Finance & Banking Bachelor. LL.M PUC University Cambodia). Ambas son profesoras na Royal University of Law and Economics (Cambodia), e investigadoras adscritas ao Center for the Study of Humanitarian Law da devandita universidade. Durante o seminario presentarán as súas liñas de investigación, centradas en: Transitional justice process in Cambodia eGender equality and Women´s Rights. Ademais farán unha breve presentación dos programas de doutoramento da súa universidade. A actividade está coordinada polos profesores Aday Jiménez Alemán e Pablo Riquelme Vázquez, docentes de Dereito Constitucional na Universidade de Vigo, e se enmarca no Proxecto Dockside, do cal a Universidade de Vigo forma parte. O seminario é de balde e libre acceso para calquera persoa interesada.