Simposio 10º Aniversario da Asociación de Científicos Españoles en Suecia (ACES)

A UVIGO participou, xunto co a Axencia Galega de Innovación a UDC e a USC, no Simposio 10º Aniversario da Asociación de Científicos Españois en Suecia para presentar as oportunidades que ofrece o ecosistema galego de I+D+i para o persoal investigador.

A participación neste encontro forma parte dunha campaña, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que ten por obxectivo promover o retorno do persoal investigador galego no exterior e a atracción do talento científico internacional.

Entre as iniciativas dadas a coñecer destaca o programa OPORTUNIUS que busca atraer e reter a titulares das prestixiosas axudas do European Research Council (ERC).

Técnicos da OPI-Investigación presentaron a ampla capacidade en I+D da UVigo, dando a coñecer os seus centros de excelencia e programas de apoio á investigación. A participación neste evento reforza o compromiso da universidade por posicionarse como un actor clave no ecosistema global de investigación e innovación, atraendo talento e consolidando o seu liderado en proxectos de colaboración internacional.