A Casa das Campás de Ponteveda acollerá o venres día un de decembro, un workshop titulado “Exploring the energy transitions in India, South Africa and Spain” no que se aboradarán temas relacionados coa transición enerxética nestes países e a súa xestión económica. Este obradoiro, organizado polo grupo de investigación Post-growth Innovation Lab, dará comezo ás 15h e estará presentado polo investigador Mario Pansera.
O evento contará coas participacións de Lucy Baker, investigadora de The Open University, Xavier Simón, membro do CISPAC e Aviram Sharma que representa ó grupo de investigación organizador.
Ao remate das intervencións abrirase un espazo a preguntas e para o debate xerado polos relatorios moderado polo Investigador Distinguido Oportunius, Mario Pansera, coordinador do grupo Post-Growth Innovation Lab.
A entrada ao evento é libre (non se require inscrición previa) e tamén poderá seguirse de maneira remota a través de UVigo TV. Pódese atopar toda a información neste enlace.