O persoal da área de proxectos educativos únese virtualmente ao Terceiro Cumio Europeo sobre Educación que brinda a oportunidade aos grupos de interese, incluídos ministros nacionais de educación, membros do Parlamento Europeo e deputados do ecosistema de educación, para reunirse en liña e debater sobre a transformación dixital dos sistemas educativos de Europa no contexto da recuperación do COVID-19. O obxectivo deste cumio é intercambiar experiencias e mellores prácticas para mitigar os efectos do COVID-19 na educación, así como proporcionar comentarios sobre a visión da Comisión de crear un Espazo Europeo de Educación para o 2025 e aplicar o Plan de Acción de Educación Dixital. Entre todos poderemos construír un Espazo Europeo de Educación resistente que aborde retos, como a sostibilidade, a dixitalización e garantir a inclusión.
https://ec.europa.eu/education/summit/digital-education-transformation_en#sumProg