Un proxecto de cultivo e comercialización de algas obtén o primeiro premio no programa ‘In-Teams’

Algas del Norte, un proxecto empresarial centrado no cultivo en tanques tanto de algas como de moluscos, converteuse no gañador da segunda edición de In-Teams, un programa de emprendemento promovido pola Vicerreitoría do campus e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE-Pontevedra), no marco da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. Articulado en formato de concurso, este programa buscaba que equipos multidisciplinares traballasen no desenvolvemento de diferentes proxectos empresariais que poidan constituírse en entidades de economía social.

Tras a defensa dos plans de empresa, a Casa das Campás acolleu o acto de entrega de premios, no que participaron a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón; a presidenta de AJE-Pontevedra, María Buceta, e o coordinador da Rede Eusumo na UVigo, José María Cancela. 

Ler a nova completa no DUVI