Técnicos da OPI- Investigación acudiron á VIII Seminario da Oficina Europea (OE) do FECYT celebrado en Guadalajara do 7 o 9 de outubro sobre o Clúster 1 e o Clúster 2. O evento estivo dirixido a responsables de proxectos europeos de entidades españolas que participan nas convocatorias do Clúster 1, principalmente institutos de investigación sanitaria, e do Clúster 2.
A través de mesas redondas, sesións prácticas e obradoiros, o seminario tivo como obxectivo especializar e profesionalizar o apoio á participación de programas de saúde e cultura, así como mostrar as sinerxías existentes entre ambos os clústeres e promover o traballo en rede entre xestores de ambas especialidades.
Lembrade tamén que dende a OPI-Área de Investigación ofrecemos asesoramento na vosa procura, preparación de propostas internacionais de investigación, etc. a través do equipo de promoción, escribindo a opi.promo@uvigo.gal.
Visita tamén a nosa lapela Apoio á atracción de talento con novas dos centros, ciencia excelente (ERC a MSCA) e outra información relevante.