Xavier Labandeira, novo secretario xeral do Policy Outreach Committee

VIGO. XAVIER LABANDEIRA, CATEDRATICO DE ECONOMIA DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO, Y EXPERTO EN CAMBIO CLIMATICO.

O investigador da Universidade de Vigo e director de Ecobas, Xavier Labandeira, acaba de ser nomeado novo secretario xeral do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos, EAERE, polas súas siglas en inglés. Labandeira asumiu o cargo o pasado día 1 tomando o relevo de Simone Borghesi, quen á súa vez ostenta agora a máxima responsabilidade na asociación, tras ser elixido presidente.

Como entidade asociativa no eido científico international, EAERE traballa cos obxectivos de contribuír ao desenvolvemento e aplicación da economía climática, ambiental e dos recursos como ciencia en Europa; estimular e mellorar a colaboración e a comunicación entre o mundo académico, o persoal investigador, os decisores políticos e o estudantado da economía ambiental, climática e dos recursos nos diferentes países de Europa, así como para desenvolver e estimular a cooperación entre universidades e centros e institutos de investigación en Europa.

Perfil do investigador

Leer a nova completa no DUVI