A Axencia Galega de Innovación organizou unha Xornada sobre as novas convocatorias do EIC, European Innovation Council o pasado 29 de xaneiro de 2025 nas súas instalacións de Santiago de Compostela. Nesta xornada presentaronse os instrumentos de financiamento do Consello Europeo de Innovación, a entidade de Horizonte Europa que financia todo tipo de innovación: o EIC Accelerator, o EIC Pathfinder e o EIC Transition.
Para explicar estes instrumentos estiveron presentes os Puntos Nacionais de Contacto de cada un deles, Luis Guerra, Marta Marín e Marta Herrero, que ademais mantiveron reunións bilaterais con aquelas entidades interesadas, e expuséronse casos de éxito de entidades e investigadores galegos que acadaron estas axudas.
Dúas técnicas da OPI acompañaron aos investigadores interesados da UVigo nestas reunións bilaterais cos Puntos de Contacto Nacionais.

