Temos o pracer de convidarvos á “Xornada de Promoción da Economía Social no Sector Mariño” como parte das actividades recollidas dentro da III Semana Universitaria da Economía Social, 2022 promovida dende CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre la Economía Pública, Social y Cooperativa).
Este evento enmárcase dentro das actividades do Proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social), financiado pola Rede EUSUMO e desenvolvido por FUNDAMAR e os centros de investigación da Universidade de Vigo, CIM (Centro de Investigación Mariña) e ECOBAS.
A xornada terá lugar o vindeiro Mércores 30 de Marzo no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés 11, Vigo), en horario de 11:30 h a 13:00.
Para asistir presencialmente é preciso inscribirse previamente neste formulario
O evento será retransmitido online a través da Canle 2 de UVigo TV
Obxectivo: a promoción da Economía Social a través da xeración de espazos de co-creación con profesionais do sector pesqueiro, axentes sociais e centros de investigación relacionados co ámbito mariño, destacando o potencial e as contribucións dos centros de investigación mariña e os axentes sociais ligados ao mar, presentando iniciativas que promovan a Economía Social no ámbito pesqueiro e poñen en valor o territorio como base da innovación social, económica e ambiental.
Programa da xornada:
11:30h Benvida
- D. ª Susana Touza Figueiras, Subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia
- D.ª Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo.
- D. Javier Touza, Presidente de FUNDAMAR
11:45h Presentación proxecto PASOS
- D. ª Mercedes Mareque, Investigadora principal do proxecto PASOS na Universidade de Vigo
- D. ª María Caldeiro, Xerente de FUNDAMAR
- D. ª Marina Gómez, Técnica do Proxecto PASOS na Universidade de Vigo
12:00h Proxectos de cooperación no marco da Investigación e Innovación Responsable
- Circularoil
D. Miguel Rodríguez, (Grupo GEN) Universidade de Vigo - CoastSnap
D. ª Rita González, (Grupo XM1), Centro de Investigación Mariña
Universidade de Vigo - Mardevidas
D.Fabián Ben Conde, Director de Proyectos e Innovación. Federación Nacional de Confrarías
13:00h Peche do acto