As xornadas tiveron lugar os días 2 e 3 de novembro na Reitoría, combinaron a celebración de charlas e obradoiros en materia de transferencia, proxectos internacionais e investigación. O reitor, Julio Abalde, e o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, abriron o encontro no que participó como relator o reitor da Universidad de Murcia, José Luján Alcaraz. No evento participó un centenar de traballadores das universidades galegas con funcións relativas a transferencia, xestión de investigación, proxectos internacionais e captación de talento investigador das Oficinas de Transferencia de Resultados da Investigación (OTRI), as Oficinas de Proxectos Internacionais (OPI) e as Unidades de Xestión da Investigación (UXI).
Xornadas de Xestión de Transferencia e Investigación das Universidades Galegas na Universidade da Coruña
