Xornadas Euraxess España (Sevilla, diciembre 2024)

O pasado 17 de decembro tivo lugar en Sevilla no Parque Científico da Cartuxa un encontro presencial da rede EURAXESS-España para compartir prácticas en materia de mobilidade e desenvolvemento profesional organizado por FECYT e a Axencia Empresarial para a Transformación e o Desenvolvemento Económico (TRADE). Estas xornadas trataron de temas de atracción de talento, mobilidade internacional e intersectorial, e desenvolvemento profesional. O encontro tivo como convidados o Ministerio de Ciencias, Innovación e Universidades, a Axencia Estatal de Investigación e empresas do ecosistema andaluz.

Tamén tivo lugar outra sesión a porta pechada, destinada para capacitación e intercambio de prácticas dos membros da rede EURAXESS-España na que participó persoal da OPI en representación da UVigo.