Programas da Comisión Europea

O buscador de Funding & Tenders da Comisión Europea é unha ferramenta completa que agrupa múltiples oportunidades de financiamento, dende H2020 e Horizon Europe, pasando por LIFE+, EMFF, etc. Practicamente todos os niveles da investigación, dende a máis básica ata a innovación máis avanzada, están presentes nestes programas. Consulta todas as convocatorias abertas, pechadas e futuras.

Interreg POCTEP

O Programa de Cooperación Interreg España-Portugal financia iniciativas de colaboración transfronteiriza en 6 áreas de cooperación ao longo da fronteira. Este programa, financiado con fondos FEDER, céntrase en accións orientadas ao desenvolvemento das áreas de afección, máis concretamente con actividades de potenciación do desenvolvemento tecnolóxico, de mellora da competitividade das PEME, de adaptación ao cambio climático, de protección do medio ambiente e promoción da eficiencia de recursos e, tamén, da mellora das capacidades institucionais e da eficiencia da administracións públicas.

Interreg SUDOE

O Programa Interreg Sudoe forma parte do obxectivo europeo de cooperación transnacional, financiado a través dos fondos FEDER, e promove os proxectos de colaboración na área do suroeste europeo que aborden problemáticas comúns ás rexións do seu territorio, como o baixo investimento en investigación e desenvolvemento, a baixa competitividade das PEME, así como a exposición ao cambio climático a riscos ambientais. A área de cooperación inclúe todas as comunidades autónomas españolas, todas as rexións peninsulares de Portugal, as rexións do suroeste francés (Auvergne, Occitanie y Nouvelle Aquitaine), Xibraltar e o Principado de Andorra.

Interreg Espazo Atlántico

O Programa Interreg Espazo Atlántico é outro programa de financiamento que promove a cooperación transnacional na área atlántica. Involucra un total de 36 rexións de cinco países (Portugal, España, Francia, Irlanda e Reino Unido) e cofinancia proxectos de cooperación nos eidos da competitividade, a eficiencia dos recursos, a xestión de riscos territoriais, a biodiversidad e o patrimonio natural e cultural.