Os días 28 e 29 de novembro, a Escola Superior Politécnica do Litoral (ESPOL) acolleu en Guayaquil (Ecuador), a reunión de seguimento do primeiro ano do proxecto “Ecuadorian ENgineering educaTors’ capacITy development and rEcognition, EENTITLE“, no marco do programa Erasmus+ CBHE 2023. No encontro estiveron presentes todos os socios do consorcio, incluíndo autoridades como o Presidente do Consello de Educación Superior de Ecuador e o Secretario da Secretaría de Educación Superior, Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (Senescyt).
Por parte da Universidade de Vigo, participou un equipo multidisciplinar docente nas áreas de Educación, Didáctica e Enxeñaría, liderado por María Isabel Doval Ruiz, coordinadora do proxecto na UVigo, quen asistiu acompañada pola investigadora postdoutoral, Yolanda Rodríguez Vaqueiro. Durante a primeira xornada, ambas presentaron os avances en: “Higher Education Without Limits: Innovation and Support for Students with Special Challenges”, destacando estratexias inclusivas en educación superior e “Institutional Rewarding System – Current Snapshot (Survey Results), Insights, Challenges, and Opportunities”, cos resultados das enquisas realizadas para explorar oportunidades e implementar sistemas de recompensa institucional.
O evento seguiu unha axenda completa de presentacións, talleres e debates ao redor dos obxectivos do proxecto, a cal está dispoñible para descarga aquí: Descargar axenda.
O proxecto EENTITLE busca transformar o ensino de enxeñería nas Institucións de Educación Superior de Ecuador mediante a creación dun sistema internacional baseado en evidencias que avalíe e recoñeza a práctica docente e as competencias pedagóxicas. Este marco promoverá a equidade, o uso de tecnoloxías dixitais e a excelencia docente, permitindo que os educadores sexan valorados non só pola súa produción científica, senón tamén polo seu impacto pedagóxico.
A UVigo lidera o WP3, orientado á evolución de marcos institucionais que recompensen a calidade no ensino. Este traballo contribuirá a establecer sistemas de recoñecemento baseados en probas concretas de eficacia pedagóxica, sentando un precedente para a rexión.
Más información sobre o proxecto: www.eentitle.eu